A maxia dos libros

A maxia dos libros é unha representación única na que Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Esta experiencia cómica está deseñada tanto para adultos como para nenos, fusionando a maxia cos beneficios da lectura. Unha viaxe fascinante que encantará a toda a familia.

  • Duración: 1 hora
  • Montaxe: 2 horas
  • Desmontaxe: 1 hora
  • Interior/exterior: so interior
  • Formato: pequenos teatros, auditorios, bibliotecas, casas de cultura, colexios, espazos adaptados para este fin

A viaxe de Nami

Nami é unha nena alegre que goza da vida, pero ultimamente a súa nai está moi triste. Preocupada por ela, Nami embárcase nunha aventura máxica na procura da cura. Na súa viaxe coñecerá personaxes que a axudarán a avanzar e a descubrir que a solución, quizais, xa está dentro dela.

A viaxe de Nami é un espectáculo emotivo que combina teatro, maxia, música, humor e unha ensinanza para levar no corazón.

  • Duración: 45 minutos
  • Montaxe: 1,5 horas
  • Desmontaxe: 45 minutos
  • Interior/exterior: interior
  • Formato: pequenos teatros, auditorios, casas de cultura, colexios, espazos adaptados para este fin

A viaxe de Nami: Encontros no Camiño

A partir da historia orixinal de “A Viaxe de Nami”, o público acompaña a Nami nunha travesía chea de descubrimentos, na que en cada encontro no camiño dá lugar á aparición dun novo mago convidado. Cada artista achega o seu propio estilo e a súa maneira de entender a maxia, converténdose nun personaxe máis da historia.

Entre actuación e actuación, Nami e o seu acompañante retoman o fío do relato, facendo avanzar a viaxe ata o seu final… ou quizais ata un último encontro inesperado, porque cando unha historia gusta, sempre quedan ganas de ver un pouco máis.

Un espectáculo familiar, cheo de humor, imaxinación e sorpresa, que combina maxia, narración e emoción nunha gala diferente, pensada para ser vivida como unha auténtica aventura máxica.

 

  • Duración: 80 minutos
  • Montaxe: 3 horas
  • Desmontaxe: 1 horas
  • Interior/exterior: so interior
  • Formato: teatros, auditorios, bibliotecas, casas de cultura, espazos adaptados

Presentación de libros Crónicas do Mago Errante

A presentación dos libros da saga Crónicas do Mago Errante é un evento moi diferente aos que estamos acostumados. A través da maxia e do humor, o autor da saga fai que o tempo voe. Nesta presentación, o público participa activamente e sortéanse dous exemplares de Crónicas do Mago Errante entre todas as persoas asistentes.

  • Duración: 45 minutos mínimo. Depende da participación dos asistentes
  • Montaxe: 1,5 horas
  • Desmontaxe: 45 minutos
  • Interior/exterior: interior e posibilidade de exterior
  • Formato: bibliotecas, casas de cultura, colexios, espazos adaptados para este fin

Maker Maxia

Maker Maxia é un obradoiro no que os participantes descubrirán como combinar creatividade, enxeño e ferramentas sinxelas para dar forma aos seus propios trucos de maxia.

Comezaremos aprendendo un xogo máxico e, a partir del, cada participante poderá deseñar e construír o seu accesorio máxico empregando materiais accesibles (cartón, gomas, clips…) e ferramentas manuais básicas (tesoiras, pegamento…).

Ao final, cada participante poderá personalizar a súa creación e acompañala dun pequeno guión ou historia, traballando tanto a parte técnica como a expresiva.

  • Duración: 120 minutos a repartir en distintas sesións en función dos asistentes
  • Grupos reducidos: 12 persoas como máximo
  • Montaxe: 1 hora en interior, 2 horas en exterior
  • Desmontaxe: 1 hora
  • Interior/exterior: interior ou exterior
  • Formato: bibliotecas, casas de cultura, colexios, campamentos, calquera espazo que cumpla as condicións

Nami y Dani: ¡Entre-tenedores!

Un espectáculo pensado, como dice el propio título, para entretener. En él, Nami y Dani harán chistes, magia y experiencias sobrenaturales.

  • Duración: 60 minutos
  • Montaxe: 1 hora
  • Desmontaxe: 45 minutos
  • Interior/exterior: interior ou exterior
  • Formato: adaptable a todos os espazos

As matemáticas detrás do imposible

Cando vemos maxia, sorprendémonos e non somos capaces de explicar como se fixo. Nesta conferencia, Daniel Ares realiza varios xogos de maxia que teñen relación coas matemáticas para logo explicalos. Ademais de desfrutar das matemáticas, os asistentes aprenderán certos principios que lles permitirán crear as súas propias variacións dos xogos explicados, introducíndose así no mundo da maxia.

Ademais, doaranse exemplares do libro “As matemáticas detrás do imposible”, onde se explican os xogos realizados na charla por Daniel Ares e algúns máis. Deste xeito, os asistentes contarán con material de consulta sempre que sexa necesario.

  • Duración: 45 minutos + preguntas e dúbidas
  • Montaxe: 30 minutos
  • Desmontaxe: 20 minutos
  • Interior/exterior: interior
  • Formato: pequenos teatros, auditorios, bibliotecas, colexios